31 may. 2011

Vaiche Boa! 3º post.


Este libro encantoume aínda que non era o que eu esperaba, eu cría que sería algo máis gracioso. Non foi así pero tampouco foi un tostón, en resumen este libro gustoume

Vouvos contar a historia que máis me intrigaba:

Superfociños:
Narra a historia dun neno de 16 anos que aínda non bicara a ninguén, para él isto era un problema entón decidiu ir a unha bruxa. Ela deulle unha barra de labios coa que volvería tolas a todalas nenas do seu instituto, pero só un bico por chica. A él foralle moi ben ata que unha nai deulle un bico grazas a súa barra de labios. Decidiu non usala máis, pero quen sabe ó mellor utilizouna...

Valoración persoal:
Como antes dixen o libro decepcionoume un pouco, pero aínda así gustoume. Eu nunca lira un libro de microrelatos tan ben contado e con historias tan variadas. Sempre tivera a gana de probar a lelo, este libro non me gustou moito pero si que me animou a ler máis libros deste tipo. Recomendoo a xente que lle coste máis ler porque é moi simple.

O portal dos elfos (II)



Os personaxes principais:

Pyrgus Malvae: É novo.Ten aprecio polos animais ea pesar de ser o Principe do reino dos elfos da luz. Gustalle tar cos burgueses. É un chulito, pero é voa persoa.

Señor Fogarty: É un vellote, é un atiguo ladrón xuvilao e gustalle montar cousas. Cre nos fantasmas, nos elfos e nos ovnis. É moi testarudo, pero é vo amigo.

Henry: É un mozo de uhns 14 anos. Gustalle montar maquetas. Traballa para o Señor Fogarty. Non cre nos elfos, ata que os ve. É un buen amigo.



Os personaxes segundarios:


Holly Blue: Irmán de Pyrgus. Ten poucos anos, e gustalle ser espía. É moi voa persoa.

Beleth: Principe dos demos. É maliximo.

Tithonos: Gardián do Emperador Purpura. É un falso.

Silas Brimstone: Veño ambiciosoque so pensa en si mesmo. É mala persoa.

Jasper Chalkhill: É un veño quelle gusta facer tratos cos demos. É malo, porque pensa que a maxia sacao dos lios nos que se mete.

kitterick: Hombreciño naranxa que traballa para a Dama Pintada ( é amiga de Holly Blue). É moi vo.

Identificome con: Pyrgus Malvae, porque amin tamen me gustan os animais.

Jasper Chalkhill, ten tratos con Brinstone.


Pyrgus Malvae, Holly Blue, Henry eo señor Fogarty, teñen relación entre si, son amigos(entre Henry e Holly Blue hai algo mais que amigos).

Tematica do libro: Nunca te fies do teu gardián. Non te fies 100% por 100% dos conocido.


30 may. 2011

Lectura: Normal, Diferente (II)

 Teño moitísimas ganas de rematar o libro que estou lendo porque estou apuntiño de acabalo. Agora vouvos  nombrar as personaxes da historia:
  • A protagonista: Chámase Vera, pero todos lle chaman Speedy e está locamente namorada do seu vello mellor amigo Jan aínda que as súas amigas lle bisban que no é como os outros, que é algo diferente, que non é normal...
  • Personaxes secundarios
Jan: É o mellor amigo de Speedy dende xa moi novos e según como o describe Speedy parécelle moi guapo e gústalle moito aínda que Jan agárdalle una gran sorpresa a Speedy que non lle parece moi agradable...

Nina: É a mellor amiga de Speedy e sempre lle está aconsellando na escolla de chicos, ou consolandolle para que non se desespere, e na maioría das veces ao aconsellarlle ten razón.
    E para finalizar, vouvos contar que no libro que estou lendo ás personaxes non lles gustan nada os homosexuais e están criticadísimos. Vera (Speedy) acaba de conseguir unha cita con Jan, pero Jan en vez de darlle unha sorpresa boa, dalle unha mala levéndoa a unha festa gay onde se atopa cun "amigo" chamado Ralf. Speedy está moi disgustada, aínda que como vai fluíndo o libro, paréceme que o vai perdoar por enfadarse ao dicir que sería incapaz de bicar a unha moza.

    Segundo post: Quérote.

    O libro é moi entretido, xa que che conta a vida e o punto de vista dunha rapaza chamada Sabela e que moitas cousas das que din podelas entender desde o seu punto de vista, xa que tamén é moi posible que le pasasen a un mesmo.

    A protagonista, Sabela, ten problemas polo que a xente poida pensar dela, no tema de que se meten co seu peso, mais a súa amiga Ainoa intenta axudala.

    Ainoa ten unha irmá e unha prima maior ca ela, elas dúas sempre le esinan cousas novas e Ainoa sas conta a Sabela, para que vaía aprendendo.

    Sabela non ten moi boa relación ca súa nai, xa que non lle conta os problemas por os que pasa.

    Ela é filla única e quere que os seus país adopten a unha nena, mais ela non cree que os seus país queran adoptala, porque fai pouco nun intercambio foi unha nena francesa para a súa casa e non tiveron unha moi boa experiencia con ela. Así que de momentos regalaronlle un can.

    En xeral, eses son os personaxes dos que trata o libro, ata o que lin.

    Lectura: Chatarra (II)

    Levo pouco máis da metade do libro, e gústame.

    Chatarra conta a historia da vida diaria dun neno chamado Julius, pero que lle chaman Xil. Vai ao colexio da súa cidade e non ten moitos amigos. 

    Un día, encontrouse no cemiterio de coches, un Cadillac vermello enriba de todo-los outros coches e enriba del un chico tomando o sol. Xil acercouse a falar con el, entón fixéronse amigos... O dono do Cadillac chamábase Franz, e, segundo el, tiña 20 anos, aínda que Xil cre que tiña 16. A cousa é que Franz vivía naquel Cadillac e non tiña nin pai nin nai; vivía completamente só. A partir de que se coñeceron, Xil ía todas as tardes o cemiterio de coches con Franz e o vello Most, que era o que coidaba o cemiterio e Xil xa coñecia de fai tempo. 

    Xa era verán, e Xil seguía coa súa vida diaria. Ía ir a un campamento de verán de tres semanas o que sempre ía e xa sabía como era. Unha vez no campamento, Rudi (o monitor) saudou a Xil e cada neno foi co seu grupo e o seu monitor. No campamento dividíanos por grupos: os verdes, que eran os pequenos, os lobos, que eran os maiores, e os raposos, que eran os que non eran nin verdes nin lobos. Xil era lobo. No seu grupo coñecía a todos menos a un chamado Eddy, que ía só con seu mini-maletín no que gardaba todo.

    Por agora non lín moito máis... tampouco é moi longo. É máis ou menos do que vai tratando este libro.

    Lecturas II: Os náufragos de Malakadula

    Personaxes:

    Principais
    Alberte: É o personaxe arredor do que xira a historia, ademais do narrador. Alberte é valente, aínda que en ocasións fraquee un pouco. El debera asimilar o que pasa na casa do seu mellor amigo, Malakadula.

    Malakadula: É o mellor amigo de Alberte. Malakadula é africano, chegou a Galiza e quedou. A súa familia morreu no mar. El garda na súa casa un segredo, que para solucionalo necesita a axuda de Alberte.

    Secundarios
    Xosefa: É a ama de chaves da casa de Malakadula. Ela, ao igual que Malakadula, tamén perdera un ser querido no mar, o seu marido.

    Temática e características:
    Este libro ten como temática o misterio, con trazos de humor. A historia engancha moito, porque Malakadula non dá pistas do misterio e coas visitas do estraño Andres dan ganas de continuar.

    Recoméndollo ás persoas que queren unha lectura lixeira. A verdade é que a min non me gustou moito o libro, dado que non ten nin acción nin aventura e a historia é moi calmada.

    Sengundo post: Chatarra

    Estou preto de rematar o libro, pero aínda me queda un pouquiño. Vouvos contar algo dalgunhas personaxes(como son, a que se dedican, que lles gusta...).

    O protagonista deste libro chámase Julius, pero a xente chámalle Xil. É un rapaz que ten 14 anos e gústalle ir a visitar o seu amigo Franz,que vive nun Cadillac. Xil, clasifica aos seus compañeiros en 4 grupos: os medradores(sabe se son medradores pola sua forma de sentar no pupitre), os mediocres(pensa que só van a clase por encher os asentos), os latón(os que faltan a clase cando queren) e os individualistas(gústalles estar sós).Este rapaz odia ir a clase os sábados pola maña,que teñen clase de ximnasia. A Xil un día metérono no coro do instituto e namorouse dunha nena chamada Betty.

    Un dos amigos de Xil, chamado Franz, vive nun Cadillac vermello no cemiterio de coches. Este rapaz dí que ten 20 anos pero Xil pensa que o dí para que lle respeten,que en realidade ten 16. A Franz gústalle amañar coches co dono do cemiterio.

    O dono do cemiterio de coches, chamado Most, era un señor maior que lle gustaba argallar facendo calqueira cousa no seu cemiterio. Algúns días probaba coches vellos, outro día amañaba coches con Franz, que vivía un coche que estaba alí tirado...

    Un compañeiro da escola de Xil, chamado Hardy é un rapaz un pouco pesado e parvo para Xil. A Hardy gústalle rirse da xente que lle vai algo mal ou lle pasa algo inesperado, como a Xil, que un día a súa profesora mandoulle cantar unha canción en alto e metíuno no coro do instituto. Xil vengouse del dicíndolle a profesora que a Hardy tamén lle gustaría estar no coro e metérono a él tamén. Hardy tamén se namorou de Betty, a nena do coro.

    A profesora de Xil e Hardy, que lle chaman a señorita Kressig gustáballe empezar o día cantando unha canción cos seus alumnos.A señorita Kressig tiña todo agudo(a voz, a nariz,o queixelo...). Ademais de ser a profesora de Xil dirixe o coro do instituto.

    A temática do libro:

    De momento, o libro vai dun neno chamado Xil, que fixo un amigo a principios de verán, chamado Franz que vive nun Cadillac do cemiterio de coches. Xil, un día encontrouse cun problema no instituto, metérono no coro porque tiña unha voz marabillosa. Cando foi aos ensaios, descubríu que non era un problema tan grave, porque coñeceu a unha nena do coro chamada Betty que lle gustaba.Un sábado preto de verán, Most, o dono do cemiterio de coches, tivo un pequeno percance cun coche que acababa de amañar. Decidíu probalo e estanpouse nunha parede,pero non lle pasou nada. Cando remataron as clases e comezou o verán, os pais de Xil metérono nun campamento de 3 semanas que a él non lle gustaba nada, pero librábanse del durante 21 días. No campamento fíxose amigo dun rapaz chamado Eddy e pasaban o rato xuntos...

    Eu aínda non leín o suficiente como para saber como vai rematar. Penso que rematará cando Xil volva do campamento de verán. Él mais Franz amañen o Cadillac vermello, e despois vaian dar unha volta nel.

    Cousas do libro que me chamaron a atención:

    O que máis me chamou a atención foi a maneira de pensar de Xil, o narrador. Xil veo todo negativo, coma se fose a fin do mundo(a xente non confía nel, os seus pais préstanlle demasiada atención, a moza que lle gusta non sabe que existe...). Eu creo que esa forma de pensar é a normal dos rapaces da súa idade. Eu véxome identificado coa forma de pensar negativa, sobre todo no de que os pais che prestan demasiada atención.

    29 may. 2011

    Lectura: ¡Maldito D.N.I.! (II)

    Segundo comentario do libro de lectura ¡Maldito D.N.I.!

    Polo de agora, estame a gustar o libro porque paréceme moi entretido e a medida que o leo vou coñecendo mellor ás personaxes principais e secundarias.

    O protagonista deste relato, que é Olimpio Montes, está cambiando moito a súa apariencia e o seu estilo de vida dende que decidiu morrer legalmente vivindo sen o carné de indentidade. Tamén entereime de que o protagonista dirixe un viveiro.

    A súa muller, que se chama Leonor Silva, é a súa tapadeira para que a xente non descubra o que o seu marido está a facer.

    Don Daniel, o crego da parroquia, que a miúdo ía pola casa destes, gústalle xogar ás cartas e ir de caza aínda que xa sexa maior. Este home ten unhas ideas moi arcaicas que irritan a calquera.

    Ata o momento, dos fillos de Leonor e Olimpio só se nombran antes do``enterro´´ do seu pai. Chámanse Pedro e Marta.

    Outra personaxe interesante deste libro é Cándido Tardeiro, un portugués que lle debe a Olimpio tres millóns de pesetas e que quere estafar a súa muller pagándolle só trescentas mil pesetas. Tamén intenta conquistala.

    O doutor Conde, amigo e complice das artimañas do protagonista xa que é o que lle fai o certificado de morto.

    Polo que levo lido, non atopei máis persoaxes.

    Respecto ao desenvolvemento da historia, creo que está empezando a complicarse porque, o protagonista, ao querer pasar por morto, atopa situacións moi difíciles que el nunca imaxinara. Por exemplo, ao saír do cine, unha das súas paixóns, a garda civil detenlle conducindo sen identificación e pasa un mal rato.

    Este libro estame resultando moi divertido polas cousas tan inesperadas e graciosas que lle pasan ao protagonista.

    Nestos momentos non podo imaxinar cal será o final, supoño que algo bo lle pasará como unha lotería, unha herencia... pero que ao non ter identificación posible non poderá desfrutalo.

    Lectura: Eu tamén son maniática (II)

    Eu xa teño o libro case rematado, teño ansias de saber como acaba a protagonista do meu libro.Por agora vou comezar por describir as persoaxes da historia.

    O principio pareceume un pouco aburrido pero despois seguín con la lectura, e partinme da risa coas cousas que contaba, a miña persoaxe principal sucedéronlle un montón de cousas aunque a gran maioría sean boas ela teñe queixas que moitísima xente faria na vida real.A miña persoaxe principal chámase Susie, ten 2 irmáns un que chámase Pete e outra Sally.

    O libro conta as cousas que lle pasa a Susie, como as súas dudas, queixas, amores, etc.O que máis gustoume foi o que pode facer cando cumpla 16 anos e cando queixase de que ven a súa prima cando vai digorciar a sua tia, aunque e moi diverti ler como o seu irman Pete a chicha porque te fai recordar que e moi parecido a vida real, prácticamente o lribro vai sobre o diario de unha chica de 15 ou 16 anos e o que pensa ela.


    Para rematar pareseme interesante os folletos que pon porque aunque a gran maioria xa o sabemos hai algunha cousa que se aprende sobre alguns temas moi importantes como a anorexia.

    O ABRENTE É UN DESATINO (2)

    Segundo post do libro O Abrente é un desatino:

    O Abrente é un desatino é unha aventura nocturna dunha panda de rapaces que mentras están tranquilamente nunha discoteca, os protagonistas vense liados nunha liorta por un asunto de drogas, polo que teñen que fuxir perseguidos polos membros dunha das bandas do barrio por toda a cidade ata casa dun deles. Nesta historia hai: amor, violencia...

    Hay tres persoaxes principais nesta historia: Andrés, Charo e Arti.

    Andrés é estudoso e dalle consellos o seu amigo Arti.

    Arti non é responsable, non lle gusta estudar, copia os deberes de Andrés, el sempre está de festa...

    A Charo tamén gústalle a festa pero e moi responsable, faise noiva de Arti ao final do libro.

    Tamén esta Ramón, irmán de Arti. Él métese nun problema e o seu irmá e os seus amigos axúdano a sair del.

    Este libro está narrado polos tres protagonistas principais, dende os seus puntos de vista, en vez de ter capítulos cámbianse de narrador entre os tres protagonistas, é esto o que máis me chama a atención, xa que é a primeira vez que leo un libro narrado deste xeito.


    Lectura: Cartas de inverno (II)


    Xa teño o libro case rematado, e teño ansias de saber como é o final. Pero polo de agora, empezarei descrivindo as persoaxes da historia.

    Ó principio pensaba que o protagonista era Xavier. Un famoso escritor galego que regresa a Galicia despois de moitos anos vivindo en Quebec. El foi quen fixo que dende un principio me enganchara a lelo, xa que quería saber o que ía ocorrer despois. É unha personaxe importante nesta historia de misterio.

    A súa irmá Tareixa, que vive en Galicia, é unha rapaza moi paciente ante as cartas tan misteriosas que recibe do seu irmán. Só podo falar da valentía que ten o enfrentarse ós problemas que ocorren na historia, aínda que só apareza ó principio e ó final da historia. A igual que con outras persoaxes, non sei se sería capaz de enfrontarme a aquelas cartas recibidas, ou a maneira na que me comportaría ó lelas. Sería moi distinta á súa.

    Pero, na miña opinión, o verdadeiro protagonista é Adrián. Un pintor famoso, amigo dende pequeno de Xavier, que retorna a Galicia despois de haber vivido moitos anos fora. Sendo pintor, quería vivir nun sitio tranquilo onde reinara a tranquilidade para poder facer as cousas ben. Así que decidíuse por comprar unha casa "encantada"  no bosque. A partir do día no que se instala, non paran de suceder cousas moi extrañas naquela casa, cousas que, aínda que sexan inmaxinables, sufríronlle. Dende o primeiro momento, el non cría nesas cousas, pensaba que eran bromas que lle estaba a facer Xavier, aínda que pouco a pouco deuse de conta que non, que non estaba tolo, e que o que lle estaba sucendendo era real. Pero o que é indudable, iso si,  é que é unha persoa moi impulsiva, e enfróntase a todo o que se lle ven por diante sen ningún temor. A dicir verdade,  eu non soportaría pasar unha noite soa nesa casa, collería o coche e marcharía a algún sitio que estivese preto.

    E para rematar, Soutullo é un inspector, ó que Tareixa lle entrega as cartas do seu irmán, partindo á procura del e máis de Adrián. É unha personaxe secundaria.

    Para finalizar, gustaríame comentar todo o que me está transmitindo este libro, que non é máis que medo e inpaciencia por saber como remata. O que si, teño algo dentro que me di que vai acabar ben, aínda que por outra, non se me esquece a posibilidade de que  alguén poida morrer nesa casa tan misteriosa. 

    Lecturas II: Contos de detectives. Os rivais de Sherlock Holmes

    O meu libro é un conxunto de oito historias de detectives e de misterio. Todas teñen un perseguidor (o detective) e unha personaxe perseguida (o culpable do delito). Son relatos cheos de intriga nos que só ao final coñeces o desenlace: en As xoias da duquesa de Wiltshire descobres que o roubo das xoias foi levado a cabo polo propio detective que investiga o suceso; en A pista das culleres de prata enterámonos de que a desaparición do cartos é debida a un caso de cleptomanía; etc. Como o resumo dos oito relatos resultaría moi longo, falarei só do que mais me gustou, O misterio de “The Spadinards”, de E. e H. Heron:

    Houston recibe como herdanza unha casa e decide alugala. Todos os inquilinos quéixanse de que hai unha pantasma, pois oen golpes no corredor e ven unha especie de globo branco flotando e entrando nas habitacións. Houston e o seu amigo Flaxam deciden investigalo e descobren cousas moi estrañas. Ven unha especie de globo que entra nas habitacións. Tamén atopan pegadas moi raras, coma garras de tigre. Encontran ademais un rostro con manchas e de aspecto leonado que aparece e desaparece nas escaleiras. Tamén unha horrible pantasma que entra na habitación de Flaxam e intenta asasinalo.
    Despois de moito investigar, Flaxam saca unhas conclusións: A casa está enmeigada pola pantasma do señor Van Nuysen, que era leproso. O globo é un pé vendado pola enfermidade e a estraña pegada o outro, deformado. O rostro leonado tamén é unha deformidade. Ademais resulta que a aparición da pantasma é a recreación de como o señor Van Nuysen asasinou a súa muller.

    As personaxes principais son Flaxam e Houston, e a secundaria a pantasma do señor Van Nuysen. Flaxam é valente e intelixente. Cando a pantasma intenta asasinalo, non deixa que o domine o pánico e pensa unha maneira de saír desa situación e é el , ó final, quen resolve o misterio. Houston non é tan intelixente coma Flaxam, non é capaz de encontrar unha relación entre os feitos pero tampouco se deixa dominar polo pánico. A pantasma asasinara á súa muller porque ela quería abandonalo pola súa terrible enfermidade.

    Con respecto ó narrador, é externo e omnisciente. O que máis me gusta é que consigue manter o misterio ata o final, que é cando coñecemos o porque de todos estes fenómenos misteriosos.

    26 may. 2011

    Viaxe cultural a Bruselas III

    O 16 fomos ó Parlamento europeo e estivemos nas tribunas do Parlamento. O noso guía era español e tiña unha compañeira que era galega chamada Ana.



    Despois fomos a comer pola nosa conta e a comprar os regalos para os nosos país ou para nos mesmos.

    A continuación demos un paseo polo centro de Bruselas e vimos o Manenken pis.E pola noite fomos á Grand-Place a cear.

    Ao dia seguinte volvemos a montar en avión para O Porto e alí fomos a un centro comercial a comer algúns no Burger-King e outros no Mcdonald. -si, todo moi europeo!-. Ao final tivemos unha marcha en bus de 5 horas ata A Coruña.

    Título: Corazón de Chocolate

    Autor:Jaureguizar Ortiz De Zárate, Santiago
    Titulo: Cora
    zon de chocolate
    Editorial:
    Edicións Xerais de Galicia



    Contraportada:
    Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista. En Corazón de chocolate, a cidade de Santiago de Compostela é un escenario emocionante e arriscado para o primeiro misterio que ten que descubrir. O reporteiro investigará se realmente existe a Irmandade Xelmírez, unha seita perversa, ou se só é unha lenda. Señor Grozni, un gato cun parche nun ollo, e Mónica, unha amiga que asegura ser a súa moza, achegaranlle a axuda precisa para que Tintimán descubra a verdade.