4 may. 2011

Fomos ao Correlingua

O 4 de maio de 2011, todos os alumnos de 1ºESO do IES Xosé Neira Vilas e máis institutos da comarca da Coruña fomos ao Correlingua 2011.

Empezamos preto do campo de fútbol de Riazor e rematamos xusto antes da Torre de Hércules, onde había un escenario montado para presentar os gañadores do manifesto e das pancartas.

Vimos tamén una sesión de maxia de parte do presentador e un concerto dun grupo de música en galego creado moi recentemente chamado "Nugalla", que cantou ao redor de catro cancións.
Aqui tedes unha ligazón a un apartado do xornal "La Opinión" onde, se rebuscades, atoparedes un conxunto de fotografías. Na foto nº 8 aparecen,  por casualidade, a cabeza de Fátima e Hugo e Luis.

Mirade aquí abaixo un vídeo coas fotos nosas no Correlingua 2011.

5 comentarios:

  1. Graciñas, redactor-colaborador!
    E se reformulas este post e o convertes en "fomos ao Correlingua na Coruña"?

    ResponderEliminar
  2. Fátima, profe de galego4/5/11 16:19

    Que tal o pasastes?

    ResponderEliminar
  3. eu paseino bastante ben, sobre todo no concerto.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo4/5/11 19:13

    A min encantoume o concerto, espero que podamos repetir o ano que ven.
    Lupita

    ResponderEliminar

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!