5 may 2011

Lectura: As flores radiactivas

PRESENTACIÓN
AUTOR:Agustín Fernández Paz.
TÍTULO: As flores radiactivas
EDITORIAL: Edicións Xerais de Galicia
CONTRAPORTADA: Este libro foi Premio Merlín 1989
RESUMO DA PÁXINA DA EDITORIAL: Na Fosa Atlántica aparece un día unha estraña mancha brillante formada por flores que teñen un penetrante recendo e unha propiedade preocupante: a persoa que as cheira convértese nunha pacifista. Alba vai se-la protagonista da aventura. Unha expedición ecoloxista parte a descubri-lo misterio das flores. Conseguen unha mostra que espallan por todo o mundo. Ó final da aventura a paz volverá reinar no mundo.

http://www.xerais.es/cgigeneral/busquedas.pl

RAZÓNS DA ESCOLLA:
POR QUE ESTE LIBRO?: Porque mo recomendou a miña profesora e gustoume a portada, que parecía misteriosa. Nela, parecen uns homes vestidos con traxes especias que protexen da contaminación radiactiva e levan aparellos de alta tecnoloxía. A historia transcorre no mar. A ilustración é de Miguelanxo Prado.
AUTOR: Naceu en Vilalba en 1947. Traballou como profesor ata a súa prexubilación no 2008, ano no que gana o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil. É autor de numerosas obras como: A cidade dos desexos, Contos por palabras, Lonxe do mar, etc. Nesta ligazón, http://www.filix.org/ranholas/agustin.html , podedes ler máis sobre Agustín Fernández Paz.

Tamén vos deixo aquí un vídeo sobre unha das maiores catástrofes de contaminación radioactiva, que é o tema do libro que vou ler. http://www.youtube.com/watch?v=odKBqeD4rR8

Alberto Basante Díaz 1ºESO A

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!