29 may. 2011

Lectura: Cartas de inverno (II)


Xa teño o libro case rematado, e teño ansias de saber como é o final. Pero polo de agora, empezarei descrivindo as persoaxes da historia.

Ó principio pensaba que o protagonista era Xavier. Un famoso escritor galego que regresa a Galicia despois de moitos anos vivindo en Quebec. El foi quen fixo que dende un principio me enganchara a lelo, xa que quería saber o que ía ocorrer despois. É unha personaxe importante nesta historia de misterio.

A súa irmá Tareixa, que vive en Galicia, é unha rapaza moi paciente ante as cartas tan misteriosas que recibe do seu irmán. Só podo falar da valentía que ten o enfrentarse ós problemas que ocorren na historia, aínda que só apareza ó principio e ó final da historia. A igual que con outras persoaxes, non sei se sería capaz de enfrontarme a aquelas cartas recibidas, ou a maneira na que me comportaría ó lelas. Sería moi distinta á súa.

Pero, na miña opinión, o verdadeiro protagonista é Adrián. Un pintor famoso, amigo dende pequeno de Xavier, que retorna a Galicia despois de haber vivido moitos anos fora. Sendo pintor, quería vivir nun sitio tranquilo onde reinara a tranquilidade para poder facer as cousas ben. Así que decidíuse por comprar unha casa "encantada"  no bosque. A partir do día no que se instala, non paran de suceder cousas moi extrañas naquela casa, cousas que, aínda que sexan inmaxinables, sufríronlle. Dende o primeiro momento, el non cría nesas cousas, pensaba que eran bromas que lle estaba a facer Xavier, aínda que pouco a pouco deuse de conta que non, que non estaba tolo, e que o que lle estaba sucendendo era real. Pero o que é indudable, iso si,  é que é unha persoa moi impulsiva, e enfróntase a todo o que se lle ven por diante sen ningún temor. A dicir verdade,  eu non soportaría pasar unha noite soa nesa casa, collería o coche e marcharía a algún sitio que estivese preto.

E para rematar, Soutullo é un inspector, ó que Tareixa lle entrega as cartas do seu irmán, partindo á procura del e máis de Adrián. É unha personaxe secundaria.

Para finalizar, gustaríame comentar todo o que me está transmitindo este libro, que non é máis que medo e inpaciencia por saber como remata. O que si, teño algo dentro que me di que vai acabar ben, aínda que por outra, non se me esquece a posibilidade de que  alguén poida morrer nesa casa tan misteriosa. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!