Imaxe da portada. |
- Título do libro: Cartas de inverno
- Autor: Agustín Fernandez Paz.
- Editorial: Xerais.
- Colección: Fóra de xogo.
A contraportada do libro fálanos de que despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xavier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia, unhas cartas que descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xavier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a moitos misterios.
A miña escolla vén a causa de que un amigo comentárame que lle gustara moito e que, ademais, dáballe algo de medo. Eu tiña ganas de saber como era, e como Fátima, a nosa profesora, propúxoo dicindo que ninguén podía pasar sen lelo, pois animeime. É un libro moi entretido, estame a dar moi boa espiña. Engánchaste a lelo, e non paras, ten moito misterio e tamén paréceme algo irreal. En xeral, e por agora, estame gustando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!