30 may. 2011

Lectura: Chatarra (II)

Levo pouco máis da metade do libro, e gústame.

Chatarra conta a historia da vida diaria dun neno chamado Julius, pero que lle chaman Xil. Vai ao colexio da súa cidade e non ten moitos amigos. 

Un día, encontrouse no cemiterio de coches, un Cadillac vermello enriba de todo-los outros coches e enriba del un chico tomando o sol. Xil acercouse a falar con el, entón fixéronse amigos... O dono do Cadillac chamábase Franz, e, segundo el, tiña 20 anos, aínda que Xil cre que tiña 16. A cousa é que Franz vivía naquel Cadillac e non tiña nin pai nin nai; vivía completamente só. A partir de que se coñeceron, Xil ía todas as tardes o cemiterio de coches con Franz e o vello Most, que era o que coidaba o cemiterio e Xil xa coñecia de fai tempo. 

Xa era verán, e Xil seguía coa súa vida diaria. Ía ir a un campamento de verán de tres semanas o que sempre ía e xa sabía como era. Unha vez no campamento, Rudi (o monitor) saudou a Xil e cada neno foi co seu grupo e o seu monitor. No campamento dividíanos por grupos: os verdes, que eran os pequenos, os lobos, que eran os maiores, e os raposos, que eran os que non eran nin verdes nin lobos. Xil era lobo. No seu grupo coñecía a todos menos a un chamado Eddy, que ía só con seu mini-maletín no que gardaba todo.

Por agora non lín moito máis... tampouco é moi longo. É máis ou menos do que vai tratando este libro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!