8 may 2011

Lectura: Chatarra


  • Título do libro: Chatarra
  • Autor: Roland Limacher
  • Editorial: Sotelo Blanco
  • Colección: Docexvintedous
A contraportada explica que aínda que teñas catorce anos e a túa vida sexa unha chatarra porque ninguén che fai caso (profesores, pais, rapazas...), algún día encontrarás a un bo amigo que luza esa chatarra igual ca un fermoso Cadillac. De maneira que sintas ganas de pisa-lo acelerador só por escoitar o ruído do motor, aínda que non vaias a ningures.

O libro que vou ler esta avaliación titúlase Chatarra, escrito polo autor alemán Roland Limacher. Déixovos aquí a pouca información que encontrei sobre él. Tamén vos déixo un resumo desta obra para que o leades e saibades un pouco de que vai esta historia escrita en alemán e traducida ao galego por María Xesús Lama.

Escollín este libro porque Fátima, a profe de galego, díxome que estaba moi ben e que o estaban lendo moita xente do instituto, sobre todo de segundo. Tamén o escollín porque me encantou o título e o resumo da contraportada.

De momento este libro gústame porque trata dun neno chamado Xil, que coñece a un rapaz que é un pouco raro e que ten un Cadillac vermello. Xil vai ao instituto e divide os alumnos en grupos (os medradores, os individualistas...) e os profesores son un pouquiño raros. Eu creo que ao final da historia Xil vaise levar ben co rapaz do Cadillac e cos profesores.

4 comentarios:

  1. Excelente post! Se vedes cousiñas mellorables nalgunha entrada, de contido ou de corrección, falade amablemente co redactor/a e, entre todos, lograredes nivelón na redacción de posts!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Fátima.

    ResponderEliminar

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!