5 may. 2011

Lectura: ¡Maldito D.N.I.!



  • Título do libro: ¡Maldito DNI!
  • Autor: Pepe Carballude
  • Editorial: Xerais
  • Colección: Fóra de xogo
  • Contraportada: Olimpio Montes, biólogo de profesión, despois de chegar á conclusión de que o maior atranco dunha persoa para ser feliz é o Documento Nacional de Identidade, toma a decisión de morrer legalmente e así vivir á marxe da burocracia moderna.O seu desexo parece ben doado nun principio, mais axiña comprenderá que non é tan sinxelo vivir indocumentado nun mundo controlado pola informanción.

Nesta 3ª avaliación estou a ler un libro chamado ¡Maldito D.N.I.!, escrito por Pepe Carballude, que ademais de escritor é profesor de Latín no IES Neira Vilas. Pepe Carballude que naceu na aldea de Rubín, é un dos máis destacados escritores de contos para nenos e mozos da lingua galega e conseguiu importantes premios, como O Barco de Vapor. Déixovos neste enlance o resumo do libro que atopei na páxina web da editorial.

Collín este libro porque tiña curiosidade por saber como escribía un profesor do noso instituto e porque o título parecíame moi interesante e entráronme as ganas de saber de que trataba. Ata o momento estame a parecer un libro realmente bo tanto na forma coma no contido. Ademais, paréceme unha idea moi orixinal que alguén decida pasar por desaparecido para conseguir a felicidade.

3 comentarios:

  1. Non sabía que Pepe Carballude escribira un libro! sorprendínme moito!
    Gustoume moito como o fixeches.

    ResponderEliminar
  2. Pablo Álvarez10/5/11 12:03

    Escribiu moitos máis libros e... grazas!

    ResponderEliminar
  3. Eu tampouco, xa o leerei... E por certo Pablo se che vai gustando podes pedirlle un autógrafo! Ja, ja! Gústame como che quedou.

    ResponderEliminar

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!