29 may 2011

Lectura: ¡Maldito D.N.I.! (II)

Segundo comentario do libro de lectura ¡Maldito D.N.I.!

Polo de agora, estame a gustar o libro porque paréceme moi entretido e a medida que o leo vou coñecendo mellor ás personaxes principais e secundarias.

O protagonista deste relato, que é Olimpio Montes, está cambiando moito a súa apariencia e o seu estilo de vida dende que decidiu morrer legalmente vivindo sen o carné de indentidade. Tamén entereime de que o protagonista dirixe un viveiro.

A súa muller, que se chama Leonor Silva, é a súa tapadeira para que a xente non descubra o que o seu marido está a facer.

Don Daniel, o crego da parroquia, que a miúdo ía pola casa destes, gústalle xogar ás cartas e ir de caza aínda que xa sexa maior. Este home ten unhas ideas moi arcaicas que irritan a calquera.

Ata o momento, dos fillos de Leonor e Olimpio só se nombran antes do``enterro´´ do seu pai. Chámanse Pedro e Marta.

Outra personaxe interesante deste libro é Cándido Tardeiro, un portugués que lle debe a Olimpio tres millóns de pesetas e que quere estafar a súa muller pagándolle só trescentas mil pesetas. Tamén intenta conquistala.

O doutor Conde, amigo e complice das artimañas do protagonista xa que é o que lle fai o certificado de morto.

Polo que levo lido, non atopei máis persoaxes.

Respecto ao desenvolvemento da historia, creo que está empezando a complicarse porque, o protagonista, ao querer pasar por morto, atopa situacións moi difíciles que el nunca imaxinara. Por exemplo, ao saír do cine, unha das súas paixóns, a garda civil detenlle conducindo sen identificación e pasa un mal rato.

Este libro estame resultando moi divertido polas cousas tan inesperadas e graciosas que lle pasan ao protagonista.

Nestos momentos non podo imaxinar cal será o final, supoño que algo bo lle pasará como unha lotería, unha herencia... pero que ao non ter identificación posible non poderá desfrutalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!