30 may 2011

Lectura: Normal, Diferente (II)

 Teño moitísimas ganas de rematar o libro que estou lendo porque estou apuntiño de acabalo. Agora vouvos  nombrar as personaxes da historia:
  • A protagonista: Chámase Vera, pero todos lle chaman Speedy e está locamente namorada do seu vello mellor amigo Jan aínda que as súas amigas lle bisban que no é como os outros, que é algo diferente, que non é normal...
  • Personaxes secundarios
Jan: É o mellor amigo de Speedy dende xa moi novos e según como o describe Speedy parécelle moi guapo e gústalle moito aínda que Jan agárdalle una gran sorpresa a Speedy que non lle parece moi agradable...

Nina: É a mellor amiga de Speedy e sempre lle está aconsellando na escolla de chicos, ou consolandolle para que non se desespere, e na maioría das veces ao aconsellarlle ten razón.
    E para finalizar, vouvos contar que no libro que estou lendo ás personaxes non lles gustan nada os homosexuais e están criticadísimos. Vera (Speedy) acaba de conseguir unha cita con Jan, pero Jan en vez de darlle unha sorpresa boa, dalle unha mala levéndoa a unha festa gay onde se atopa cun "amigo" chamado Ralf. Speedy está moi disgustada, aínda que como vai fluíndo o libro, paréceme que o vai perdoar por enfadarse ao dicir que sería incapaz de bicar a unha moza.

    1 comentario:

    1. Que ben o contido dos segundos post! (A corrección vai mellorando pouco a pouco...; fixádevos, relede!)

      ResponderEliminar

    Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!