29 may 2011

Lecturas II: Contos de detectives. Os rivais de Sherlock Holmes

O meu libro é un conxunto de oito historias de detectives e de misterio. Todas teñen un perseguidor (o detective) e unha personaxe perseguida (o culpable do delito). Son relatos cheos de intriga nos que só ao final coñeces o desenlace: en As xoias da duquesa de Wiltshire descobres que o roubo das xoias foi levado a cabo polo propio detective que investiga o suceso; en A pista das culleres de prata enterámonos de que a desaparición do cartos é debida a un caso de cleptomanía; etc. Como o resumo dos oito relatos resultaría moi longo, falarei só do que mais me gustou, O misterio de “The Spadinards”, de E. e H. Heron:

Houston recibe como herdanza unha casa e decide alugala. Todos os inquilinos quéixanse de que hai unha pantasma, pois oen golpes no corredor e ven unha especie de globo branco flotando e entrando nas habitacións. Houston e o seu amigo Flaxam deciden investigalo e descobren cousas moi estrañas. Ven unha especie de globo que entra nas habitacións. Tamén atopan pegadas moi raras, coma garras de tigre. Encontran ademais un rostro con manchas e de aspecto leonado que aparece e desaparece nas escaleiras. Tamén unha horrible pantasma que entra na habitación de Flaxam e intenta asasinalo.
Despois de moito investigar, Flaxam saca unhas conclusións: A casa está enmeigada pola pantasma do señor Van Nuysen, que era leproso. O globo é un pé vendado pola enfermidade e a estraña pegada o outro, deformado. O rostro leonado tamén é unha deformidade. Ademais resulta que a aparición da pantasma é a recreación de como o señor Van Nuysen asasinou a súa muller.

As personaxes principais son Flaxam e Houston, e a secundaria a pantasma do señor Van Nuysen. Flaxam é valente e intelixente. Cando a pantasma intenta asasinalo, non deixa que o domine o pánico e pensa unha maneira de saír desa situación e é el , ó final, quen resolve o misterio. Houston non é tan intelixente coma Flaxam, non é capaz de encontrar unha relación entre os feitos pero tampouco se deixa dominar polo pánico. A pantasma asasinara á súa muller porque ela quería abandonalo pola súa terrible enfermidade.

Con respecto ó narrador, é externo e omnisciente. O que máis me gusta é que consigue manter o misterio ata o final, que é cando coñecemos o porque de todos estes fenómenos misteriosos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!