30 may 2011

Lecturas II: Os náufragos de Malakadula

Personaxes:

Principais
Alberte: É o personaxe arredor do que xira a historia, ademais do narrador. Alberte é valente, aínda que en ocasións fraquee un pouco. El debera asimilar o que pasa na casa do seu mellor amigo, Malakadula.

Malakadula: É o mellor amigo de Alberte. Malakadula é africano, chegou a Galiza e quedou. A súa familia morreu no mar. El garda na súa casa un segredo, que para solucionalo necesita a axuda de Alberte.

Secundarios
Xosefa: É a ama de chaves da casa de Malakadula. Ela, ao igual que Malakadula, tamén perdera un ser querido no mar, o seu marido.

Temática e características:
Este libro ten como temática o misterio, con trazos de humor. A historia engancha moito, porque Malakadula non dá pistas do misterio e coas visitas do estraño Andres dan ganas de continuar.

Recoméndollo ás persoas que queren unha lectura lixeira. A verdade é que a min non me gustou moito o libro, dado que non ten nin acción nin aventura e a historia é moi calmada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!