3 may 2011

INTERCAMBIO SOCIOLINGÜÍSTICO CORISTANCO-OLEIROS

Nesta nova entrada, falareivos do intercambio cos nosos amigos de Coristanco.
Onde? Este evento será no instituto IES Xosé Neira Vilas.
Cando? O 9 de maio.
Quen asistirá? O alumnado de 1º ESO do CPI Alcalde Xosé Pichel e mais os alumnos IES Xosé Neira Vilas.
Por que? Para potenciar máis o galego, facer amizades falando galego...
Como se desenvolverá a xornada?
Pois primeiro faremos uns xogos de presentacións, faremos grupos e haberá un miniconcurso express de cancións "coñecidas" galegas.
A continuación, desenvolveremos un obradoiro de publicidade e sociolingüística, que xa nos explicarán.
Logo, iremos paseando ata Bastiagueiro e xantaremos por alí. E, ao final, se a eles lle dá tempo, pola tarde haberá unha charla animada.
Para nós e para eles, será unha experiencia inesquecible e, quizais, ccambiar de opinión sobre o galego.
Aquí tedes un vídeo que fixemos os do IES Xosé Neira Vilas para unha presentación adiantada cos alumnos de Coristanco.

En conclusión, é un día de clase gañado, para aprender e pasalo ben á vez!

3 comentarios:

  1. Fátima, profe de galego5/5/11, 16:15

    Oh, este vídeo fíxome botar de menos e acordarme dos irmáns Gabriel e Samuel.
    Os demais estades... de risa!

    ResponderEliminar
  2. Tes razón... a todo isto... a onde se foron?
    encántame a nosa presentación! e aínda estaba Irene coas muletas!!!

    ResponderEliminar
  3. irene migez8/5/11, 13:23

    a min encantaronme as fotos!!estou moi nerviosa polo intercabio con coristanco. Pero maña voume relaxarpra no quedar mar e vou intentar NON PARAR DE FALAR GALEGO!! aber se o consigo=)

    ResponderEliminar

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!