30 may 2011

Sengundo post: Chatarra

Estou preto de rematar o libro, pero aínda me queda un pouquiño. Vouvos contar algo dalgunhas personaxes(como son, a que se dedican, que lles gusta...).

O protagonista deste libro chámase Julius, pero a xente chámalle Xil. É un rapaz que ten 14 anos e gústalle ir a visitar o seu amigo Franz,que vive nun Cadillac. Xil, clasifica aos seus compañeiros en 4 grupos: os medradores(sabe se son medradores pola sua forma de sentar no pupitre), os mediocres(pensa que só van a clase por encher os asentos), os latón(os que faltan a clase cando queren) e os individualistas(gústalles estar sós).Este rapaz odia ir a clase os sábados pola maña,que teñen clase de ximnasia. A Xil un día metérono no coro do instituto e namorouse dunha nena chamada Betty.

Un dos amigos de Xil, chamado Franz, vive nun Cadillac vermello no cemiterio de coches. Este rapaz dí que ten 20 anos pero Xil pensa que o dí para que lle respeten,que en realidade ten 16. A Franz gústalle amañar coches co dono do cemiterio.

O dono do cemiterio de coches, chamado Most, era un señor maior que lle gustaba argallar facendo calqueira cousa no seu cemiterio. Algúns días probaba coches vellos, outro día amañaba coches con Franz, que vivía un coche que estaba alí tirado...

Un compañeiro da escola de Xil, chamado Hardy é un rapaz un pouco pesado e parvo para Xil. A Hardy gústalle rirse da xente que lle vai algo mal ou lle pasa algo inesperado, como a Xil, que un día a súa profesora mandoulle cantar unha canción en alto e metíuno no coro do instituto. Xil vengouse del dicíndolle a profesora que a Hardy tamén lle gustaría estar no coro e metérono a él tamén. Hardy tamén se namorou de Betty, a nena do coro.

A profesora de Xil e Hardy, que lle chaman a señorita Kressig gustáballe empezar o día cantando unha canción cos seus alumnos.A señorita Kressig tiña todo agudo(a voz, a nariz,o queixelo...). Ademais de ser a profesora de Xil dirixe o coro do instituto.

A temática do libro:

De momento, o libro vai dun neno chamado Xil, que fixo un amigo a principios de verán, chamado Franz que vive nun Cadillac do cemiterio de coches. Xil, un día encontrouse cun problema no instituto, metérono no coro porque tiña unha voz marabillosa. Cando foi aos ensaios, descubríu que non era un problema tan grave, porque coñeceu a unha nena do coro chamada Betty que lle gustaba.Un sábado preto de verán, Most, o dono do cemiterio de coches, tivo un pequeno percance cun coche que acababa de amañar. Decidíu probalo e estanpouse nunha parede,pero non lle pasou nada. Cando remataron as clases e comezou o verán, os pais de Xil metérono nun campamento de 3 semanas que a él non lle gustaba nada, pero librábanse del durante 21 días. No campamento fíxose amigo dun rapaz chamado Eddy e pasaban o rato xuntos...

Eu aínda non leín o suficiente como para saber como vai rematar. Penso que rematará cando Xil volva do campamento de verán. Él mais Franz amañen o Cadillac vermello, e despois vaian dar unha volta nel.

Cousas do libro que me chamaron a atención:

O que máis me chamou a atención foi a maneira de pensar de Xil, o narrador. Xil veo todo negativo, coma se fose a fin do mundo(a xente non confía nel, os seus pais préstanlle demasiada atención, a moza que lle gusta non sabe que existe...). Eu creo que esa forma de pensar é a normal dos rapaces da súa idade. Eu véxome identificado coa forma de pensar negativa, sobre todo no de que os pais che prestan demasiada atención.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!