25 may. 2011

Lectura: Vaiche Boa! (II)

Este libro, como ben vos contei no post anterior, non ten protagonistas, está feito por microrrelatos de risa. Falareivos agora dos que levo lidos.

O primeiro chámase Sen camisa! Esta historia narra unha semana da vida dun neno. Un día o seu can atopou unha falanxe e un zapato, poñía as iniciais do seu tataravó (B.B.), que morrera afogado. Brian, o protagonista desta historia, decide seguir a buscar todos os ósos do seu avó. Atopounos, e enterrou o seu avó.

O segundo chamase A caixa voadora de pulseira. Esta mini-historia conta así: Este señor chamado Giffen, está a vender unha cola que pega calquera cousa, pero ás catro horas despégase. Cambia de cidade antes de que a xente se abalance sobre él. Pero nunha vila un señor móstralle unha caixa voadora que tarda unhas catro horas e empezan a voar. O señor cóntalle que a súa caixa esta pegada con Cola Giffen, e Giffen cae ao baleiro.

O terceiro relato é a narración dun neno que lle morren os pais e que ten que ir vivir coa súa tía, á que lle roubaron un cadro. O causante do roubo foi un señor ao que a súa tía alquiloulle a casa durante un tempo. O señor apareceu morto no W.C. e o cadro desaparecera.
Había un problema, é que o baño está no bosque e dáballe medo acudir a el. Unha noite descobre que hai unha pantasma no baño e á noite seguinte decide falar con ela. A pantasma escapou polo teito e el descubriu onde se atopaba o cadro. A súa tía alegrouse moito polo seu sobriño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!