31 may 2011

Vaiche Boa! 3º post.


Este libro encantoume aínda que non era o que eu esperaba, eu cría que sería algo máis gracioso. Non foi así pero tampouco foi un tostón, en resumen este libro gustoume

Vouvos contar a historia que máis me intrigaba:

Superfociños:
Narra a historia dun neno de 16 anos que aínda non bicara a ninguén, para él isto era un problema entón decidiu ir a unha bruxa. Ela deulle unha barra de labios coa que volvería tolas a todalas nenas do seu instituto, pero só un bico por chica. A él foralle moi ben ata que unha nai deulle un bico grazas a súa barra de labios. Decidiu non usala máis, pero quen sabe ó mellor utilizouna...

Valoración persoal:
Como antes dixen o libro decepcionoume un pouco, pero aínda así gustoume. Eu nunca lira un libro de microrelatos tan ben contado e con historias tan variadas. Sempre tivera a gana de probar a lelo, este libro non me gustou moito pero si que me animou a ler máis libros deste tipo. Recomendoo a xente que lle coste máis ler porque é moi simple.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!