6 jun. 2011

3º post: Chatarra

Xa rematei o libro e gustoume moito, máis ben polo principio, porque ao final non rematou coma outros libros, que che dan unha sorpresa. Este libro rematou de repente, sen explicar que pasou despois de que chegara a casa o personaxe despois da súa escapada.

A parte do libro que máis me gustou foi cando Franz e máis Xil amañaron ó Cadillac e foron dar unha volta nel. Despois, pillounos o seu profesor e díxollo a policía. A parte que menos me gustou foi a do campamento de verán que non explicaba nada, só o típico dos campamentos de verán(xogos, comida, durmir e aburrirse) .

Este libro fíxome sentirme coma o personaxe e adentreime moito na historia.

O libro Chatarra recomendaríallo as persoas que estean comezando a ler e non lles guste ler un libro groso. Tamén llo recomendo á xente que non lle guste ler sorpresas no medio da lectura nin ó final.

Non coñezo máis libros deste autor porque escribe en alemán e paréceme que non é moi coñecido. O busco en internet e non aparece case nada del, nin sequera un premio.

2 comentarios:

  1. O problema é que non me acordei de sacar a foto co meu libro para poñela neste post.

    ResponderEliminar
  2. Sempre estás a tempo de quitar esa foto e logo subila..., indo de novo á edición da entrada. Anímate!

    ResponderEliminar

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!