5 jun. 2011

As flores radiactivas (II)

Polo de agora estame gustando aunque nalgunhas partes vólvese un pouco aburrido de ler.
Estes son os personaxes:

Protagonista:
Alba: é unha nena bastante tozuda que non para ata que consegue o que quere, aunque é un pouco como eu porque lle gusta vivir aventuras cos seus amigos. Está namorada do seu millor amigo chamado Xabier. Aquí poñemos un exemplo da súa tozudez: "mañá é o día no que o meu irmán e os outros saen para a Fosa Atlántica; e eu vou ir con eles.

Personaxes secundarios:
Xabier: é un rapaz moi tranquilo ao que lle gusta moito pescar. Tamén parece que lle gusta Alba. É un personaxe interesante e misterioso.
Lois: é o irmán maior de Alba e pertence a un grupo ecoloxista de Galicia. Vivirá xunto a Alba unha gran aventura no mar. Tómase moi en serio o seu traballo.
Xeneral Mc Logan: é o xefe do Alto Mando da OTAN e o que manda investigar as flores. Quere destruir as flores porque o seu obxectivo é manter o espíritu militar e que non triúnfen os pacifistas.
A tripulación do Firrete: Amador, Tito, Manuel Lobón, Eladio, Andrés, Fuco, Pedro e Chema.
Polo de agora, Alba e os demais do Firrete están intentando resolver o misterio da Fosa Atlántica aunque descoñecen moitos datos. Por outra parte, o Xeneral McLogan e os membros da OTAN tamén estan buscando explicacións das flores.
É unha expedición a dous bandos.

Aínda que non terminei o libro imaxino que rematarán resolviendo o misterio e que deixará de ser un segredo. Este libro faise moi pesado a veces, pero de vez en cando faise máis divertido porque ten fotografías e recortes da prensa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!