13 jun. 2011

Lectura: Diario dun xove maniático (3)



O libro non puido rematar mellor. Ao final a Pete non lle fixo falta pedirlle saír a Cilla. Foi ela a que lle pedíu saír, ademais en ANINOVO!!! Xa no pub, cando estaban bailando, Cilla bicouno pero non dixo que máis pasara... Non estivo mal o libro.

O único que encontrei dos autores deste libro, que son Aidan Macfarlane e Ann McPherson, é que gañaron o premio da Literatura Informativa polo libro que lin. Isto é o que escribiron:

  • Eu tamen son maniática,1889
  • Eu e os meus colegas,1991

O libro recoméndoo ás persoas que queiran saber cousas da adolescencia ou que prefiran ler un libro en forma de diario, contado por días o que lle vai pasando, en vez de ler a historia toda seguida. Tamén é bo para os que non teñan présa por ler o final.


Agora o libro que me gustaria ler é Eu tamen son maniática porque como lin este, pois quero saber a historia pero contada pola súa irmá, que ten moi boa pinta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!