5 jun 2011

Lectura: ¡Maldito D.N.I.! (III)



En xeral, o libro ¡Maldito D.N.I.! pareceume interesante pola súa orixinalidade. Divertínme moito lendo as cousas que lle pasan a unha persoa que se fai pasar por morto. Ás veces sentín moita intriga por ver como ían rematar cada unha das peripecias que lle pasaban ao protagonista. Outras dábanme moita pena a muller de Olimpio porque non podía dicir nin ao seus propios fillos que o seu pai non estaba morto.

A única cousa que non me gustou do libro foi a forma na que remata xa que quedei con algunhas dúbidas, como por exemplo, que o padriño de Olimpio déixalle unha herdanza que este non pode cobrar xa que se lle dá por morto. O libro di que Olimpio é descuberto pero non nos conta se ao final recibe esta herdanza.

Eu recomendaría este libro á xente que lle guste ler historias divertidas e de intriga ó mesmo tempo.

Outro libro que ten moi boa pinta deste autor é A fraga misteriosa. Se interésache, déixote máis información neste enlace.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!