12 jun. 2011

Lecturas: Noite de voraces sombras (II)

O libro que estou a ler na terceira avaliación, Noite de voraces sombras, estame a gustar moito. É moi interesante e engánchante cando o estás a ler e, ás veces ,non podes para ata que remata o capítulo.

Respecto á personaxe principal, chamada Sara, é unha moza duns dezaseis anos e conta o que lle está a pasar nunhas vacacións de verán.

A súa nai é a persoa que lle explicará moitas cousas nestas vacacións, aínda que xa llas debería ter contado moitísimo antes. A nai é unha escritora fantástica.

O seu pai, profesor e afeccionado á lectura, tamén era escritor, pero ó final deuse conta de que era mellor lector que escritor.

Moncho, o tío de Sara, que xa está morto, xoga un importante papel nesta historia.

Tamén hai outra Sara na historia, a moza de Moncho, coa que pasarán cousas que Sara, a sobriña do tío Moncho, descubrirá lendo cartas do pasado.

E, por último, aparece a avoa de Sara. Morreu, pero ela tiña o cuarto do tío Moncho sempre pechado e, ó morrer, a nai de Sara díxolle que a partir de agora este sería o seu cuarto.

Estou case por rematar o libro e non sei cal será o final. Xa volo direi no seguinte post. Teño varias ideas de como pode acabar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!