Instrucións para redactores

Para facer unha entrada ou comentario neste blog, é necesario cumprir as seguintes normas:
  • Sé educado/a na forma de escribir.
  • Se pos unha ligazón, pensa se é de interese educativo, cultural..., se é adecuado. Non uses este blog para dar publicidade de sitios na rede "inadecuados".
  • Debes  escribir con corrección, utilizando de forma adecuada acentos gráficos, signos de puntuación, etc. Os demais agradecerano.
  • Non debes escribir todo o texto en maiúsculas. Ademais de ser considerado como berros na linguaxe informática, dificultan a lecura.
  • Toda entrada do blog debe levar un título en maiúsculas e estar dividido en tres apartados: parágrafo inicial, desenvolvemento e conclusión final. Con todo, sé breve, conciso. Os post deben ser asinados, con nome e apelidos e curso, por exemplo.
  • Todo comentario terá que ser asinado cun nome recoñecible.
  • Debes evitar os comentarios que conteñan palabras malsoantes, como insultos ou mensaxes racistas, os que estean fóra de lugar, os repetitivos e os que non teñan sentido.
  • Tes que revisar o comentario antes de publicalo.
  • Non podes facer comentarios sobre a vida privada dos demais.
  • Un blog non se deberá usar como chat.
  • En concreto, neste blog, a lingua de comunicación será a galega e debes tentar expresarte con corrección. 
Redactor: Pablo Álvarez